Actualización das recomendacións pediátricas para este ano.
O Comité Asesor de Vacinas (CAV) e a Asociación Española de Pediatría )AEP) actualizan as súas recomendacións de vacinación na infancia e adolescencia coa publicación do seu calendario de vacinacións para 2012.
Baseados nos últimos cambios epidemiolóxicos, as principais novidades nas recomendacións para o ano 2012, respecto das emitidas por este comité hai un ano, son as seguintes:
- As primeiras doses das vacinas tripla vírica (TV) e da varicela recoméndanse preferentemente aos 12 meses, aínda que se considera aceptable entre os 12 e 15 meses.
- As segundas doses das vacinas TV e da varicela recoméndanse entre os 2 e 3 anos, con preferencia polos 2 anos.
- O novo abano de administración recomendado das doses de reforzo das vacinas fronte ao meningococo C e ao neumococo é de 12 a 15 meses.
- Se as circunstancias epidemiolóxicas o requiren, recoméndase unha dose de reforzo fronte ao meningococo C a aqueles nenos que reciban unha serie primaria no primeiro ano de vida sen reforzo a partir dos 12 meses de vida.
- Recoméndase a vacina combinada de baixa carga antixénica fronte ao tétanos, a difteria e a tose ferina Tdpa aos 4-6 anos, sempre acompañada doutra dose de Tdpa aos 11-14 anos (en 2011 aos 14-16 anos).
Toda a información na web do Comite Asesor de Vacinas.