Caramuxo representará a Galicia na FETEN con ‘Mensaxe sen botella’

Caramuxo representará a Galicia na FETEN con 'Mensaxe sen botella'Levará este espectáculo á Feira Internacional de Artes Escénicas, en Xixón.

Só medio cento foron elixidas de entre as máis de 600 propostas recibidas na Feira Europea de Artes Escénicas para Nenas e Nenos (FETEN), que unha vez máis acollerá Xixíon, desta volta entre o 26 de febreiro e o 2 de marzo. Entre elas, a pegada galega vaina deixar a compañía Caramuxo Teatro coa súa obra ‘Mensaxe sen botella’.

Un recoñecemento ao labor de Juan Martínez e Laura Sarasola, fundador o primeiro dun proxecto que leva propoñendo imaxinación nos escenarios desde o ano 2003.

A comezos de decembro esta función representárase xa 19 veces e un total de 2270 persoas puideran gozar dela.

Mensaxe sen botella, a historia
Jean Pierre Dumond é un home maniático e perfeccionista, vive só e adícase cada noite a recoller as mensaxes que chegan ao seu faiado dentro de botellas de diferentes tamaños e cores. Dumond encargase de entregarllas a Gastón, o seu amigo e compañeiro alado, para que este as deixe voando no alfeizar da ventá do seu destinatario.

Dumond é feliz na súa rutina diaria, mais un día chega unha botella sen mensaxe, unha mensaxe sen botella…

Caramuxo teatro presenta un espectáculo que fala das relacións entre dúas persoas ben distintas que terán que buscar un punto en común para entenderse.

Unha proposta emotiva, visual e poética que mistura unha realidade imaxinaria nun mundo diferente.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*