Google doodle para o Día das Letras 2012

Google doodle para o Día das Letras 2012O GalegoLab propón esta iniciativa para promocionar o galego desde o xigante de internet.

Recentemente, desde o GalegoLab contábannos de que acababa de pasar a proxecto a idea Google doodle para o Día das Letras 2012. Unha iniciativa coa que se pretende que o 17 de maio deste ano Google adique unha versión do seu xa famoso logo (doodle) ás Letras Galegas.

Aínda está aberto o proceso para colaborar no proxecto e, non menos importante, posteriormente abrirase convocatoria para conseguir cantos máis deseños de doodles mellor, para escoller o que máis guste e envialo.

Xa de paso, aproveitamos para convidarvos a participar no GalegoLab. Hai varios xeitos: rexistrardes as vosas ideas, ou tamén xestionar algunha das ideas orfas propostas anteriormente pero que aínda non xuntaron voluntarios.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*