O que é a música Antiga?

casa-da-musicaEvento para o público máis novo na Casa da Música, no Porto.

Do outro lado do Miño chéganos á caixa de correo unha proposta que ten como escenario a Casa da Música, na cidade portuguesa do Porto.

Da Idade Media ao Barroco son varios os séculos a percorrer para descobrer que, ao cabo, a música contemporánea está fortemente influenciada polo repertorio antigo. Neste sentido, Sofia Nereida Pinto deseñou un diálogo musical para escolas e familias que ofrece a oportunidade de desmitificar ideas preconcibidas e prexuízos ao respecto da música antiga. Nunha linguaxe accesíbel e con referencias a sonoridades actuais como o rap e o rock.

Máis información na Casa da Música sobre o evento ‘O que é a música Antiga?’

Datas: Venres 3 e sábado 4 de febreiro

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*