
“O estilo de Paz-Andrade que ás veces serve incluso para amenizar as súas áridas especulacións ó marxe literario, é o que o rescata das limitacións do tratadista para situalo, con tódolos dereitos, pero tamén con tódalas responsabilidades, na áre directa e firme do escritor e do poeta”, escribou Blanco Amor sobre Valentín Paz Andrade. “Cada un dos seus pasos estaba tinguido de compromiso, Galicia para él era unha utopía realizable”, afirmou sobre el Manuel Rivas. “Foi un grande patriota galego, un grande economista e tamén un grande empresario; ou sexa que uníu o amor pola cultura galega ó desenvolvemento económico do País… endexamais renunciou á loita polos dereitos políticos de Galicia; o seu exemplo debemolo seguir todos”, opina Camilo Nogueira.
Son exemplos salientados na web oficial sobre o homenaxeado, recentemente presentada, e que ofrecen exemplo do rico perfil humano e profesional de Valentín Paz Andrade. Narrador, poeta, economista, empresario, político, xornalista…
Velaí unha ESCOLMA DE RECURSOS NA REDE SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE:
Valentín Paz Andrade |
- Web oficial cara ao Día das Letras 2012: Valentín Paz Andrade
- Declaración oficial da Real Academia Galega
- RECOMENDAMOS: Escolma de recursos da Coordinadora Galega de ENDL
- En CulturaGalega.org: Un renacentista na Galicia do século XX
- A cultura de Paz Andrade
- Paz Andrade aos puntos
- Mapa conceptual de Paz Andrade (.pdf) (ideas para traballar sobre a súa figura)
- Entrada na Galipedia: Valentín Paz Andrade
- Cronobiografía de Valentín Paz Andrade
- Biografía na Enciclopedia Galega Universal
- Biografía na web da AELG
- Biografía en Galegos.info
Información a web do IES Valentín Paz Andrade
- Paz Andrade, a memoria do século XX, entrevista de Tucho Calvo a Paz Andrade agora reeditada
- “Paz Andrade mirou con atención a lusofonía”, Tucho Calvo fala sobre o libro
- Valentín Paz-Andrade, artigo de Isaac Díaz Pardo
- A memoria do século XX, artigo de Ramón Nicolás
- Valentín Paz Andrade, artigo de Víctor Freixanes
- A extensão do galego segundo Paz Andrade: entre Návia e Corumbá/Paraná, artigo de Joám Manuel Araújo no Portal Galego da Lingua
- Valentín Paz Andrade: la razón de Galicia, artigo de Uxío Labarta
- O ano no que don Paco se fixo vigués, da relación de Paz Andrade con Francisco Fernández del Riego
- “Agora é moi fácil ser galeguista, o difícil era selo antes”, Pilar Rodríguez Prada, viúva de Valentín Paz Andrade, fala sobre o homenaxeado
- “Bouzas é o berce pesqueiro de Galicia e se cadra de España”, entrevista a seu fillo, Afonso Paz Andrade, onde fala de seu pai
- Un nacionalista na transición, artigo de Xan Carballa
- ‘Valentín Paz Andrade, biografía e antoloxía’, libro para cativos de 12 a 14 anos na colección Merlín
- Proxecto Documental Valentín Paz Andrade
- Webquest: “Valentín Paz Andrade e o xornal Galicia, edición especial”
Vídeos:
- Valentín Paz Andrade, compromiso con Galicia (Documental do CPI dos Dices en Rois )
- Telexornal Paz Andrade, informativo realizado nos estudos do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida e a obra de Valentín Paz Andrade
- Paz Andrade, supervivente, vídeo didáctico no que se repasan episodios sobranceiros na vida de Paz Andrade
- Valentín Paz Andrade – IES As Barxas
- Exposición Valentín Paz Andrade, canle VPA2012 no Youtube. Obra poética, obra ensaística, empresario e emprendedor
- “Valentin Paz Andrade a memoria do seculo XX”, presentación do libro de Tucho Calvo no Instituto de Estudos Miñoranos
- Valentín Paz Andrade, breve biografia (1) (PontevedraTV)
- Valentín Paz Andrade, breve biografia (2) (PontevedraTV)
- Paz Andrade, o seu legado
- Valentín Paz Andrade. CEIP San Xoán de Filgueira: “Cando ti volvas…”, poema de Valentín Paz Andrade
|
***** Axúdanos a completar o guieiro. Avísanos doutros recursos na rede que coñezas ou de novos recursos que vaian aparecendo. Podes escribir nos comentarios a pé deste texto ou ben enviarnos unha mensaxe á nosa caixa de correo: botons (arroba) botons.eu |
Creo que en xeral a figura de Valentín Paz Andrade era e segue sendo bastante descoñecida. Eu en particular non coñecía ese interés que tiña pola lusofonía.
Menos mal que facedes vós este recurso, porque visto o “oficial”…
Graciñas polo apoio! Un saúdo
[…] Valentín Paz Andrade na memoria […]