Si que che gusta ler… pero igual non o sabes

Si que che gusta ler... pero igual non o sabes Campaña de concienciación en prol da lectura dirixida aos escolares no marco do Plan de Fomento da Lectura.

Dirixida a escolares de entre 14 e 18 anos, a través da plataforma web Si que che gusta ler, a campaña deseñada desde a Secretaría de Estado de Cultura vai enfocada a un treito de idades nos que se considera que “os hábitos lectores poden pasar por unha fase crítica, precisamente en pleno desenvolvemento persoal e educativo”.

A iniciativa parte da convicción de que rapazas e rapaces len máis do que eles mesmos cren, especialmente cando usan as novas tecnoloxías. Ademais de ligazóns a bibliotecas virtuais e bitácoras, a web desta campaña que leva por lema Si que che gusta ler (pero igual non o sabes) inclúe un xogo a través do cal os rapaces poden gañar un e-reader.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*