O Guggenheim apúntase aos “libros libres”

O Guggenheim apúntase aos "libros libres"Un total de 65 obras sobre arte moderno postas de balde a disposición dos internautas.

Spring (Primavera), de Alexander Calder, co propio autor á beira da obra, acompaña estas liñas. A estampa está tirada do catálogo que a Fundación Guggenheim editou sobre o autor, un extenso volume cheo de información sobre este prestixioso escultor, pintor e ilustrador.

É un dos volumes que pode consultarse xa gratuitamente na rede. Kandinsky, Klimt ou Francis Bacon son outros significativos exemplos. Os volumes están en inglés. Para consultalos só hai que entrar no espazo web adicado ao arquivo das publicacións que atopamos no sitio Guggenheim.org. Aí, picando sobre as obras do catálogo, veremos unha ligazón (“Read catalogue online”) para ler en liña nunha sinxela aplicación. Hai máis de medio cento libros libres sobre arte moderno.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*