Móllate polos humidais!

Móllate polos humidais!Adega lanza unha convocatoria en Porto do Son para o día 2 de febreiro.

Cara ao vindeiro 2 de febreiro, cando se conmemora a data na que se adoptou a convención sobre os humidais en 1971, desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) aproveitan para divulgar a importancia dos humidais, e por segundo ano consecutivo organizan unha xornada de voluntariado ambiental en dúas lagoas pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo.

Baixo o mesmo lema do ano anterior: Móllate polos Humidais, mollarémonos polas lagoas de San Pedro de Muro e Xuño (concello de Porto do Son).

En 2011 máis de 40 voluntarias e voluntarios se involucraron nunha xornada de eliminación de flora exótica invasora. Ademáis de seguir divulgando a problemática das especies invasoras e aumentar a concienciación cidadá, estas accións teñen por obxectivo acadar un mellor estado ecolóxico dun dos ecosistemas galegos percentes á rede natura 2000.

PROGRAMA provisional
09.00 Saída dende Compostela
10.00 Parada en Porto do Son
10.10 Chegada: presentación da actividade
10.30 Roteiro polas lagoas
12.00 Comezo dos traballos de eliminación
14.00 Xantar
15.30 Continuación dos traballos
17.00 Remate dos traballos e foto de grupo
17.30 Regreso

As voluntarias e os voluntarios que queiran participar na acción do día 2 de febreiro poden apuntarse no seguinte enderezo:

Ramsés Pérez (Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA) ramses@adega.info // Telf: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 50

Máis información na web de Adega

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*