Pilar Marcó gaña o Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración

Pilar Marcó gaña o Premio Pura e Dora Vázquez de IlustraciónNovena edición deste galardón adicado á literatura infantil e xuvenil.

Pilar Marcó Padín, nada na Coruña e residente en Barcelona, resultou gañadora da novena edición do premio “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil na modalidade de ilustración, que convoca anualmente a Deputación provincial de Ourense.

Segundo o xurado, o traballo de ilustración presentando por Pilar Marcó axústase ás características descritas nas bases e recolle plenamente o espírito do texto ganador. As ilustracións foron realizadas empregando a técnica do collage, que posteriormente foi tratado e modificado dixitalmente. Artisticamente, as ilustracións de Pilar Marcó conforman un traballo harmónico, contemporáneo e cun gran atractivo plástico. Pilar Marcó cursa actualmente un máster en ilustración en Barcelona.

O xurado, presidido por Argimiro Marnotes, estivo integrado por Javier Blanco Sierra (Xavier Riomao), Eva Torres (directora do Museo Municipal), Modesta Solano (profesora da Escola de Artes e Oficios da Deputación), e Celia Díaz Núñez (gañadora no apartado de narración), actuando como secretario o director do Centro Cultural da Deputación de Ourense, Francisco González Bouzán.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*