II ENCONTRO de equipos e de docentes pola normalización

Organiza a Coordinadora Galega de ENDL. Sábado 11 de febreiro no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.

Ao longo da mañá poderán verse diversos materiais dos centros educativos que desexen darlles visibilidade aos seus traballos e compartir experiencias.

PROGRAMA:

10,00-10,45 / Centros plurilingües: un modelo axeitado de educación lingüística para Galicia?
José Manuel Vez Jeremías (Catedrático de Didáctica da Lingua e a Literatura da USC)

10,45-11,30: Tratamento Integrado de Linguas: unha proposta didáctica plurilingüe alternativa
Mercedes Queixas Zas (CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco)

11,30-12,00: Pausa-café

12,00-12,45: Primeira rolda simultánea de experiencias e propostas para os ENDL
Normalizar e dinamizar en primaria e secundaria con escasos recursos
Manuel Rosende Torres (IES A Sangriña da Guarda)
Miguel Louzao Outeiro (CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis)
Deseñar e desenvolver proxectos normalizadores para centros de primaria
(contornos galegofalantes e castelanfalantes)
Albina Lorenzo Lorenzo (CEIP Pazos de Reis de Tui)
Belén Escariz Ferrín (CEIP Quintela de Moaña)
Deseñar e desenvolver proxectos para centros de secundaria
(contornos galegofalantes e castelanfalantes)
Xosefa Martínez Fernández (IES Rodeira de Cangas)
Valentina Formoso Gosende (IES Félix Muriel de Rianxo)
As novas tecnoloxías, unha oportunidade para a normalización lingüística
Román Cerqueiro Landín (CPI Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior)
Aproveitamento do audio-curso “Isto é Galego” para os ENDL
Bea Ulalume e Fernando Liñares (Cuac FM)
Subtitular películas ao galego para as aulas: unha posibilidade
de normalización
Manuel Rosales Graña (IES Aquis Celenis de Caldas de Reis)
O voluntariado lingüístico como actividade normalizadora
Anxo Iglesias Mariño (IES Auga da Laxe de Gondomar)

12,45-13,30: Segunda rolda simultánea de experiencias e propostas para os ENDL

13.30-13.45: Propostas do Consello Directivo da CGENDL
— Accións ao redor de Valentín Paz Andrade (normalizar no ámbito da empresa, comercio…)
— Premio Leixaprén

13.45-14.00: As necesidades da prensa galega hoxe: presentación de
Vitaminas para o galego. Xurxo Salgado e Fernando de Paz

14.00: Clausura

Toda a información na web da Coordinadora Galega de ENDL

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*