Actividades para este trimestre nesta iniativa viguesa en prol da saúde e a educación ambiental.
Roteiros pola cidade, novas saídas fóra do municipio, actividades específicas para a xuventude e a infancia, cursos e voluntariado ambiental. O obxectivo é combinar a sensibilización medioambiental co fomento de hábitos saudables entre a cidadanía
Inscrición: No teléfono 010, dende o luns 30 de xaneiro ata o xoves 2 de febreiro, en horario de 8:00 a 20:00h. Por estrito orde de chamada.
1. Visita zona húmida da Bouza, con ruta dende Bouzas (5 febreiro)
Saída: 9:30 dende a Praza do Rei. Retorno (estimado): 14:00h. Praza do Rei.
Grupo máximo de 300 persoas, con desprazamento en autobús urbano. Gratuíto
Destinatarios: Persoas de todas as idades empadroadas en Vigo. Os menores de idade deberán ir acompañados polos seus pais ou titores legais.
2. Visita ás Covas do Rei Cintolo en Mondoñedo (5 febreiro)
Saída: 8:00 dende a Praza do Rei. Retorno (estimado): 21:00h. Praza do Rei.
Grupo de acceso á cova: 30. Grupo acompañante: 20. Desprazamento en autobús discrecional. Achega: 15 euros. Ver no blog detalles de inscrición.
Destinatarios: Persoas maiores de 14 anos empadroadas en Vigo.
3. Visita ás Covas de Castiñeiras no Bierzo (25 febreiro, con inscrición previa)
Saída: 8:00 dende a Praza do Rei. Retorno (estimado): 22:00h. Praza do Rei.
Grupo de acceso á cova: 30. Grupo acompañante: 25. Desprazamento en autobús discrecional. Achega: 15 euros. Ver no blog detalles de inscrición.
Destinatarios: Rapaces e rapazas entre 8 e 14 anos empadroadas en Vigo . Os acompañantes poden ser pais ou familiares dos rapaces.
4. Curso de iniciación ao snorkel (5 febreiro)
Horario: 10:00 a 12:00. Lugar: Piscina de Lavadores
Grupo máximo: 25. Achega: 5 euros. Ver no blog detalles de inscrición.
Destinatarios: Persoas maiores de 10 anos, que saiban nadar e empadroadas en Vigo
Toda a información na bitácora Programa de Educación Medioambiental Camiño a Camiño – 2012