Ourense fomenta o aleitamento natural cun “Manual de Lactancia Materna”

Concello de OurenseDentro do programa de actividades para embarazadas e familias.

O programa de Saúde Materno Infantil propón en Ourense e ao longo de todo o ano actividades destinadas ás embarazadas e ás familias, a través dos obradoiros de maternidade coma ioga, pilates, actividades acuáticas, lactancia ou masaxe infantil. A Concellería de Saúde do Concello de Ourense pon á disposición da poboación xeral formación sanitaria a través de distintas actividades (xornadas de saúde, campañas de sensibilización e conmemoración de días mundiais). Ademais, anualmente celébrase a Semana Mundial da Lactancia Materna que inclúe o xa consolidado circuíto de gateo, que no 2011 celebrou a súa IV edición , e o 3º concurso fotográfico de Lactancia 2011.

Ampla participación
O Punto de Atención á Lactancia Materna, situado na rúa Concordia, nº 20, que ofrece un servicio gratuíto de información sobre aspectos relacionados coa lactancia materna dando atención persoal ou telefónica ás consultas e dúbidas relacionadas coa lactancia atendeu máis de 400 usuarias.

O Punto de Atención ampliou os seus servicios de biblioteca para acoller a máis de 150 usuarias no 2011 e cuxo servizo de préstamos de material de lactancia contou neste ano con 90 empréstitos entre os que destacan os de extractores eléctricos e os relactadores. As destinatarias principais foron as xestantes e as familias con bebés.

Ademais destes servizos de préstamos e de asesoría materno-infantil, a Escola Municipal de Saúde desenvolve ó longo do ano un amplo programa de obradoiros de maternidade, que de xeito gratuíto, son impartidos no Centro Municipal de Promoción da Saúde, na rúa Vasco da Ponte, no barrio das Lagoas, e no Pavillón Municipal dos Remedios.

Na escola contan con ioga, pilates para embarazadas e para nais con bebés participando case 250 mulleres que se atopan no seu segundo e terceiro trimestre de xestación e os obradoiros de masaxes para bebés que deron cabida a 55 familias.

Lactancia materna e crianza natural
O obradoiro “Lactancia materna e crianza natural” está destinado ás embarazadas e ás familias e emprega unha dinámica participativa con charlas-coloquio, visionado de documentación e posta en común de experiencias das nais asistentes. Nestes obradoiros 250 mulleres aprenderon durante este ano as habilidades ou técnicas necesarias para resolver dúbidas, evitar complicacións e acadar unha lactancia materna exitosa.

A Semana Mundial da Lactancia Materna puxo este ano o énfase na sensibilización da poboación sobre a importancia de normalizar a lactancia materna en lugares públicos, cunha campaña de concienciación á que se adheriron case 500 empresarios que identificaron os seus establecementos cun adhesivo co lema “Esta é a miña sala de lactancia”. A esta iniciativa tamén se sumaron 3 liñas de autobuses da cidade para amosarlles visualmente aos cidadáns que o aleitamento natural é a mellor opción e realizalo nun lugar público é algo natural.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*