“Santiago. Mmm… que rico!”

Descubrindo Compostela a través da gastronomíaDescubrindo Compostela a través da gastronomía.

Un xogo-guía co que os cativos poden aprender ao tempo que xogan polas rúas da cidade foi presentado recentemente en Santiago de Compostela. A publicación adquírese na Oficina de Información de Turismo de Santiago, situada na rúa do Vilar, onde comeza o xogo, que remata no Mercado de Abastos.

Os pequenos teñen que ir percorrendo a cidade, seguindo ás personaxes dun conto, Sara, Mimia e o cabalo Branco de Cores, que lles irán formulando diferentes probas e preguntas, ata un total de 50.
Entre a rúa do Vilar e o Mercado de Abastos, os pequenos van pasando por puntos destacados da cidade seguindo sinais da gastronomía galega, como a praza de Praterías, a praza do Obradoiro, a Catedral, o Pazo de Xelmírez, a rúa do Franco, a praza do Toural, o arco de Mazarelos… Este material foi revisado antes da súa publicación por profesorado do CEIP Lamas de Abade, co fin de garantir a súa calidade educativa.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*