Imos de curtas 2012

Imos de curtas 2012 - CFIP A FarixaGala este venres 3 de febreiro no Teatro Principal de Ourense.

Organizada polo alumnado do ciclo de audiovisuais do CIFP A Farixa, a festa ‘Imos de curtas 2012’ ten lugar este venres 3 de febreiro ás 20h00 no Teatro Principal de Ourense.

Exhibiranse os traballos realizados ao longo do ano 2011 polo alumnado do ciclo de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos. Ademais, actuarán o coñecido músico Tonhito de Poi e o duo cómico de María Lado e Pepa Yáñez. A presentadora da gala será a actriz Isabel Risco.

Proxectaranse os videoclips “Recuerdos olvidados”, da banda ourensá Derroche, e “Maruja da Cansela” de Tonhito de Poi, e o documental “Lobos”, escrito e dirixido por Xes Chapela e que narra relatos que sobre este animal e as súas vidas narran os veciños dos montes do concello de Riós.

A gala, que se celebrárá o venres ás 20.00 horas no Teatro Principal de Ourense,  será presentada pola reconocida actriz Isabel Risco coñecida polos seus traballos en cine, teatro e televisión. Contará tamén coas actuación principais de Tonhito de Poi e o duo cómico de María Lado e Pepa Yañez.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*