Vixésimo sétima edición do prestixioso galardón adicado á literatura infantil.
Poderán concorrer ao premio todos aqueles autores/as de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega, conforme á normativa vixente. Os textos
presentados han ser inéditos e totalmente orixinais, non podendo ter sido comunicados, nin na súa totalidade, nin por partes, por ningún tipo de procedemento.
O prazo de recepción de orixinais remata o vindeiro 10 de abril. A composición do xurado darase a coñecer no mes de maio. O xurado emitirá o seu fallo no curso da Festa Xerais que se celebrará o día 9 de xuño.
En 2011 resultou gañadora a obra A chave da Atlántica, de Anxo Fariña.