Unha viaxe no tempo por Vigo: Viaxe ás covas do Folón

Unha viaxe no tempo por Vigo: Viaxe ás covas do FolónXa está en liña o xogo que nos descobre como vivían os primeiros habitantes de Vigo e como evolucionou a cidade até a actualidade.

5 de outubro do ano 3.200 A.C. É un día triste. O poboado está deserto. Apenas queda algún neno, ancián, enfermo. A maioría dos habitantes da aldea están nun enterro. (…) Na verde braña o gando pasta sen que ninguén o coide. (…) Nas mámoas escavadas do concello apareceron puntas de frecha, aixadas, anacos de cerámica, ademais de…: obxectos de metais estraños que fan pensar que nos visitaron extraterrestres? Muíños de man que indican a moenda do gran? Ósos que nos informan das características físicas das persoas enterradas? Pedras con gravados de cervos e cabalos?

Pois si, a resposta correcta é “Muíños de man que indican a moenda do gran”. É un exemplo do que nos podemos atopar na aventura virtual Viaxe ás covas do Folón. Hai xa tempo que vos contamos desta iniciativa lúdica para coñecer a historia da cidade de Vigo, que comezou convocando un concurso para que os cativos participasen na creación dos personaxes.

Agora, As covas do folón está xa en liña a disposición dos escolares da cidade para faceren un paseo virtual pola área viguesa desde os tempos do megalitismo até a actualidade.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*