Galileo Galilei, nas orixes da astronomía

Galileo Galilei, nas orixes da astronomíaUn 15 de febreiro, o de 1564, nacía Galileo Galilei na cidade italiana de Pisa.

“En 1609 Galileo contaba 45 anos e vivía en Padua, dando clases na universidade, rexentando unha pensión de estudantes onde, segundo eles, había “boa cama e boa mesa” e ocupando gran parte do seu tempo en temas de física experimental, astronomía e matemáticas. Cando escoitou falar dun novo instrumento que permitía ver de perto os obxectos afastados, non agardou para construír un. O seu primeiro telescopio non tería máis que tres aumentos, pero axiña conseguiu melloralo. Durante tres semanas observou con detalle o noso satélite, e deixou cando menos oito debuxos da primeira gran sorpresa: a Lúa tiña montañas!”.

Así o describía hai tempo nun artigo na revista Muy Interesante o divulgador Ramón Núñez: Galileo e os seus descubrimentos.

Máis información tamén na Galipedia: Galileo Galilei.

Outras novas sobre astronomía en Botóns:

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*