Manifesto do Día Internacional dos Nenos con Cancro

Manifesto do Día Internacional dos Nenos con CancroDesde a Federación de Nais e Pais de Nenos con Cancro chega esta mensaxe.

“Son un neno, xogo, río, choro, salto, corro, estudo, fago deporte, son obediente (ás veces), encántame escoitar os meus avós, estar cos meus amigos, ir de vacacións, a ‘Play’, as pelis de debuxos.

Non me gusta estar enfermo, triste, sentirme mal, ver os meus pais preocupados.
Como todos os nenos. Ah! tiven Cancro. Que che impide coñecerme?

Son un adolescente, din que algo rebelde, con ganas de cambiar o mundo, aínda que ás veces non teño claro o que quero. Enamoradizo, moi namoradizo, amigo dos meus amigos, a miúdo o que me gusta a min non lles parece do todo ben aos meus pais.

Tiven un adversario que quería romperme por dentro, pero aprendín a quererme máis e saín arriba para chegar lonxe.

Ah! esquecíame, tiven Cancro. Que che impide coñecerme?

Son nova, formada, con ganas de traballar, viaxar, coñecer xente e culturas novas, responsable coa sociedade e con moitas gañas de vivir e divertirme.

Dinme conta que a imposible lle sobran dúas letras e aínda que ás veces non tiña forzas para chorar e tirar de min díxenme: Se non hai vento haberá que remar.

tiven Cancro. Que che impide coñecerme?

Non hai ningunha diferenza entre ti e máis eu. O único que si é diferente é que eu pasei unha enfermidade que durante un tempo parou parte da miña vida e fixo que todo parecese doutra maneira. Tiven que aprender a vivir coa dor, o malestar, o illamento obrigatorio e ás veces a soidade porque á forza aprendín que algúns se afastaban ao saber que estaba enferma. Pero nunca deixei de sorrir, nunca deixe de ser igual que os demais e hoxe estou aquí para dicirlle a todo o mundo que nesta vida ninguén é diferente, aínda que poida parecelo, que todos temos as mesmas gañas de vivir e loitar para conseguir ser felices.

Non nos deixedes sós. Necesitamos o voso apoio, necesitamos saber que estades aí.

Nós ensinámosvos e vós ensinádesnos. Que vos parece? Temos moito que ofrecer. Cremos que é un bo trato. Estades dispostos a cumprilo?

Non sabemos cuantos somos, pero si podemos asegurar que somos máis de tres, por iso preguntámosche:

Que che impide coñecernos?”

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*