Este 25 de febreiro comeza o programa de saídas do Proxecto Ríos. Desta volta, na procura de anfibios e réptiles. Apúntaste?
O SARGA, acrónimo do programa de Seguimento de Anfibios e Réptiles de Galicia, é argumento para o que será o primeiro roteiro organizado neste 2012 ao abeiro do Proxecto Ríos. Ao longo do ano, haberá diversas oportunidades para coñecer programas e entidades adicadas en Galicia ao estudo e conservación da biodiversidade que habita os cursos fluviais.
Martiño Cabana (UDC – Coordinador do SARGA) será o guía nesta ocasión. Desde o colectivo ecoloxista Adega recórdannos que os anfibios e réptiles están sufrindo unha diminución das súas poboacións a escala global e as extincións locais son abundantes, aínda que moitas veces se descoñecen as causas destas.
O PROGRAMA:
11.00 Encontro na Eira da Xoana
11.15 Presentación do SARGA. Martiño Cabana (UDC)
12.00 Roteiro no que se realizarán mostraxes en diferentes hábitats (charcas, ríos, etc)
14.30 Parada para xantar (trae bocata)
16.00 Continuación do roteiro
19.00 Remate da actividade