“Vai de roteiros!” pola enseada de San Simón

Vai de roteiros - Verdegaia - Ensenada de San SimónProposta de Verdegaia para o domingo 26 de febreiro.

A estación de tren de Arcade, Soutomaior, ás 10 horas do domingo 26. Aí é a cita de encontro se queredes participar na actividade deseñada por Verdegaia para esa xornada.

O itinerario previsto: estación de trens de Arcade, río Verdugo, Pontesampaio, illa do Castelo, illas Alvedosas, muíño de marea de Paredes, saíñas do Ulló, punta dos Caralletes, campos de Larache e volta á estación de Arcade. O percorrido é de dificultade baixa e realizarase a pe coa axuda dun guía especializado. Durará todo o día coa súa finalización estimada ás 17 h. e cómpre levar comida, calzado e roupa axeitados, e prismáticos se se dispón deles.

A enseada de San Simón está situada nos concellos de Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña e Pontevedra e pertence á Rede Europea de Espazos Naturais Rede Natura 2000 dende o ano 2001 cun espazo protexido de 2.252 ha. Este espazo natural alberga cinco Hábitats de interese comunitario para a Unión Europea. Ademais, a enseada de San Simón é unha importantísima zona de invernada para un elevado número de aves acuáticas.

Programa Vai de roteiros!
Organizado por Verdegaia, o Vai de roteiros! abrangue a totalidade da xeografía galega e zonas próximas, coa fin de divulgar os valores naturais, culturais e etnográficos das zonas visitadas, dar a coñecer e denunciar as desfeitas que se detectan nas zonas polas que transcorra o roteiro, fomentar a participación cidadá en actividades relacionadas coa natureza, ser un elemento de ocio máis ofertado gratuitamente á cidadanía, e fomentar o traballo conxunto entre asociacións.

Máis información na web de Verdegaia

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*