Unha ducia de anos ‘bolecheando’

Unha ducia de anos 'bolecheando' Os Bolechas aproveitan o entroido para brincar á pantalla da televisión.

Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia, Tatá, Chispa. Os Bolechas foron a sorpresa televisiva deste entroido. “A pantasma” e “Os chourizos” foron as aventuras que puidemos ver entre luns e mércores, na reaparición destes simpáticos personaxes que choutan agora do papel ao audiovisual doce anos despois da súa creación da man do debuxante Pepe Carreiro.

Os seis irmáns e máis o seu cadelo regresan así para alegría de seus pequechos e non tan pequechos fans. De paso, os Bolechas estrean sitio en internet: OsBolechas.com, e tamén perfís nas redes sociais: Os Bolechas – Facebook, Os Bolechas – Twitter e mesmo O Tuenti dos Bolechas. Na web convidan a rexistrarse no Club dos Bolechas, ofrecendo xogos, actividades para colorear e outras brincadeiras interactivas. Ademais, deica o venres sortean un feixe de libros entre os seareiros internáuticos.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*