‘Espectáculos de ciencia’

tecnopole - GalicienciaInicio do programa de actividades conmemorativas do 20 aniversario da Tecnópole, en colaboración coa Fundación Barrié.

Arredor de oito milleiros de estudantes calculan desde o Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole que participarán nos eventos bautizados ‘Espectáculos de ciencia’, organizados en colaboración coa Fundación Barrié.

A actividade percorrerá Galicia durante os vindeiros catro meses. O primeiro deles titúlase “Ciencia ou ficción” e, iniciado en Ourense, segue despois por Lugo, Santiago, A Coruña e Pontevedra. Deica o mes de maio, e sumando tamén Ferrol e Vigo ao programa, as actividades continuarán co obxectivo da divulgación científica por todo o país. As sesións están dirixidas a estudantes de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, adaptándose en cada caso os contidos ao nivel académico dos asistentes.

Ao longo dos 50 minutos que dura cada sesión, os asistentes participan en experiencias espectaculares que son o vehículo para introducir conceptos científico-tecnolóxicos. Isto serve para espertar nos rapaces e rapazas, que asisten acompañados polos seus profesores, a curiosidade e a inquietude que nun futuro os poden orientar cara a carreira científica ou cara a actitudes e aptitudes de emprendemento innovador.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*