Os Poemas do río

Os Poemas do ríoXa nas librarías, esta obra teatral para as escolas, para o traballo da poesía nas aulas.

Xavier, Laura, Manuel, Maruxiña e Rosalía, a lebre, as ras, o sapo, o mestre don Saturnino, a mestra… Velaí algúns dos personaxes que animan ‘Os poemas do río’, obra escrita por Cristina Corral e ilustrada por Aurora Cascudo.

A profesora le co alumnado poemas que van compoñendo eles mesmos e que conforman a historia dunha fraga de animais que recitan tamén. Os poemas do río repara ademais especialmente nos versos de varias poetas galegas: María Mariño, Rosalía de Castro, Francisca Herrera, Pura Vázquez e Filomena Dato.

O obxectivo é animar o alumnado a crearen poemas e tamén darlles a coñecer a produción poética de autoras galegas, botando man do teatro con esa fin. Na web d’Os poemas do río aprovéitase tamén para sumar iniciativa ao 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro de quen se achega unha unidade didáctica. Tamén fornecen de varias actividades para descarga e materiais para o uso das aulas que se animen a representar a obra.

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*