Unha… dúas… tres… que conto é o que ves?

Unha... dúas... tres... que conto é o que ves?Unha exposición participativa na Fundación Laxeiro onde o público infantil será protagonista.

Os sábados 25 de febreiro e 3 de marzo, as nenas e nenos poderán achegarse á Fundación Laxeiro de 12.00h. a 13.00h, para participar nas actividades creativas que Cristina F levará a cabo. As actividades consistirán na realización de debuxos e collages que irán formando parte da exposición.

Cristina F (Salamanca, 1962), creadora de Mala Malona, leva dúas décadas facendo relatos infantís. Contos que ela escribe e ilustra, creando mundos singulares que só poderían saír da súa imaxinación.

Esta exposición amosa os traballos de ilustración que a artista leva facendo dende hai case vinte anos e está dirixida especialmente ás nenas e nenos máis pequenos da familia. E ollo! A hora de inauguración, as 19h, será hora perfecta para toda unha merenda artística: Cristina F agasallará os convidados cun bocata xigante de cinco metros.

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a cristina ferreirós Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*