Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio FerreiroA Fundación que leva seu nome pon na rede un completo espazo sobre o poeta celanovés.

A conmemoración do centenario de Celso Emilio Ferreiro este 2012 xa ten un punto de encontro en internet para a difusión do seu legado e o seguimento das actividades que ao longo do ano homenaxearán o autor.

A Fundación Celso Emilio Ferreiro é a promotora desta web que explora os principais fitos da biografía do poeta a través de seis etapas temporais diferentes desde Celanova até Madrid pasando por Caracas, cunha fotobiografía que nos vai amosando a obra relacionada.

Tamén atopamos a cronoloxía literaria do autor e un interesante recurso, unha fonoteca onde podemos escoitar documentos únicos: desde o son da máquina de escribir de Celso Emilio até a voz do poeta recitando os seus propios versos.

3 COMENTARIOS

Deixa una resposta a O meu primeiro Celso Emilio | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*