Os números 50 (“25 anos de RGE”) e 51 (“Os xoguetes tradicionais”) son centro de xornadas en Lugo, Tui e Ferrol.
Velaquí o programa de divulgación da publicación de Nova Escola Galega:
– 29 de febreiro: Lugo (Facultade de Formación do Profesorado (Campus Lugo-USC). 19 h.
Intervirán:
– Francisco Rodríguez Lestegás: Decano da Fac. de Formación do Profesorado.
– Fran X. Candia: membro do Consello Editorial da RGE.
– José Antonio Barral: membro do Secretariado de NEG.
– Mario Saavedra: promotor e especialista dos xogos tradicionais.
– Juanjo García Rodicio: recuperador dos xogos tradicionais.
– 1 de marzo: Tui (Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica de Tui). 20 h.
Intervirán:
– Moisés Rodríguez: alcalde de Tui.
– Xesús Rodríguez: director da RGE.
– Manolo García: investigador do Patrimonio lúdico.
– Xosé López: profesor e investigador do Patrimonio lúdico.
– 2 de marzo: Ferrol (Galería Sargadelos). 19:30 h.
Intervirán:
– Mª Dolores Candedo Gunturiz: Presidenta de NEG.
– Secundino García Mera: membro do Secretariado de NEG e especialista no Patrimonio lúdico.
– Antón Cortizas Amado: investigador do Patrimonio lúdico.
A RGE comezou a editarse en 1986 cunha periodicidade trimestral, promovida por Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. A finais de 1988 chegaba aos 800 subscritores/as,cunha difusión de 1.400 exemplares en cada número.
A RGE iniciou a fins do 2005 a súa segunda etapa, de periodicidade cuadrimestral. Defínese como unha publicación pedagóxica, en lingua galega, dirixida ao profesorado e, en xeral, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia; plural e construída desde as posicións de reforma democrática da educación, ao servizo dunha sociedade solidaria, libre e cultural e lingüisticamente normalizada, posicións todas elas preconizadas polo conxunto de Movementos de Renovación Pedagóxica, e singularmente por Nova Escola Galega.