Incentivos, merendas, reeducación… un feixe de ideas: “Reduce ti es chave!”

Incentivos, merendas, reeducación... un feixe de ideas: "Reduce ti es chave!"A través desta campaña, os internautas achegaron interesantes iniciativas para producir menos residuos.

Descontos nas tendas á xente que leven o seu envase: un “tupperware” ou similar no que nas tendas peguen o código de barras co importe da compra, para evitar te que andar con bolsas individuais para cada producto, suxeriu a internauta que asina Enredadera

Puntos de recollida de envases retornables que ofrezan incentivos como cheques desconto: establecer puntos de recollida (ou maquinas con ese fin) que cando alguen entregue envases retornables coma latas de refrescos, acumule puntos nunha conta, propón Loniceraspp.

Tatiana, mestra de educación infantil e monitora na Asociación Hércules 283 pon enriba da mesa unha idea que ela mesma xa está levando a cabo: Merenda ecolóxica: fora os envoltorios dun so uso! Os nenos e nenas de 7 a 11 anos levan a cabo todos os sábados a súa “merenda ecolóxica”. Fixeron un obradoiro mediambiental que tiña como fin coñecer a problemática actual e comprometérense co medio ambiente. Unha das ideas foi decorar unhas fiambreiras co fin de eliminar o papel de aluminio e envoltorios plásticos dun so uso para levar o noso bocata ou froita: A manada comprométese co medio ambiente

Velaí algunhas das ideas chegadas a través de Reduce, ti es a chave, campaña de concienciación cidadá promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama. Algúns fixéronse eco de experiencias levadas a cabo xa noutros países, outros comparten as súas propias vivencias. Hai quen aposta de cheo pola REEDUCACIÓN como un cuarto ‘R’ e hai tamén quen se mostra proclive a aplicar medidas fiscais e incentivos económicos.

O consumo racional, a reutilización de produtos, a minimización de envases e envoltorios, a preferencia polo vidro, a promoción da compostaxe doméstica e comunitaria, a redución do consumo de papel e as boas prácticas no sector industrial, constitúen, entre outras, algunhas das propostas aportadas por diferentes cidadáns.

Máis información na web de Sogama e na web da campaña Reduce, ti tés a chave.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*