‘Os meus ollos, as túas mans II’

'Os meus ollos, as túas mans II'O fermoso froito da colaboración de varios ilustradores coa ONG Implicadas no Desenvolvemento.

‘Os meus ollos, as túas mans II’ inaugúrase este xoves 1 de marzo ás 20h no Mesón do Forno, en Lugo, e pode visitarse até o próximo 31 de marzo. Despois está programado que visite cando menos Santiago en abril, A Coruña en maio e Vigo en xuño.

A mostra é resultado da convivencia entre o voluntariado de Implicadas e un grupo de recoñecids ilustradoras e ilustradores durante a xornada do 27 de decembro de 2011. Ao longo da mesma, ambos grupos intercambiaron vivencias, impresións e sensacións acerca do traballo da organización, dos seus obxectivos, filosofía e modo de traballo para dar lugar, por medio da tradución plástica dos testemuños do voluntariado.

Con motivo do Ano do Voluntariado-2011, Implicadas apostou polo traballo das voluntarias, piar fundamental da ONG, como protagonista da nova exposición. Detras das imaxes poden lerse temáticas como o xénero, a pobreza, a cooperación… pero sobre todo recollen o gran sentido de comunidade e traballo en equipo e a loita e esperanza polo cambio.

Recomendámosvos visitar a web de Implicadas e coñecer ademais algunha das súas campañas como 1 de 200 e Auga para Etiopía.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*