Carreira popular “Crecendo en Igualdade”

Concello de PontedeumeConvocatoria do Concello de Pontedeume para o vindeiro domingo 11 de marzo.

O deporte segue a ser un espazo onde a discriminación por razón de xénero está moi presente e arraigada faise necesario dedicar ao menos unha xornada á reflexión e sensibilización dirixida á comunidade eumesa cuxo obxectivo sexa: favorecer a promoción e desaparición de actitudes sexistas, fomentando a convivencia e percepción da igualdade entre as mulleres e os homes na práctica do deporte.

Baixo o lema da campaña “crecendo en Igualdade” e no contorno do día Internacional da Muller anímase así a toda a cidadanía a participar na I Carreira Popular pola igualdade de xénero que terá lugar o vindeiro domingo día 11 de marzo a partir das 13h.

As fichas de inscrición poden recollerse no Servizo Municipal de deportes e no Departamento de Benestar Social deica o mesmo día da carreira.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*