A importancia de “compartir” no proceso de aprendizaxe

A importancia de "compartir" no proceso de aprendizaxeCientíficos subliñan a importancia do traballo colaborativo no proceso de evolución dos humanos.

A habilidade para compartir coñecemento e traballar cooperativamente aprendendo dos demais é unha diferencia chave entre os humanos e os chimpancés e xustamente unha das claves que explicarían como o ser humano evolucionou ata a actualidade.

A reflexión déitana estes días nas páxinas da revista Science (estudo publicado en Science: Identification of the Social and Cognitive Processes Underlying Human Cumulative Culture) un equipo de traballo da Universidade de St Andrews, no Reino Unido. A interesante investigación realizouse coa axuda de cativos de entre tres e catro anos e chimpancés, aos que se lles propuxo unha serie de crebacabezas deseñado en varios niveis de dificultade. O que os raparigos resolvían en 2,5 horas aos chimpancés levoulles até 33 horas. E os investigadores sinalan que, mentres os cativos puxeron en marcha diversas formas de traballo cooperativo, ata 215 no tempo que durou o experimento, os chimpancés resultaron máis independentes e egoístas.

“Ensinar, comunicarse, aprendizaxe observacional e pro-sociabilidade xogaron importantes roles na aprendizaxe cultural dos humanos mentres estiveron ausentes dos monos”, apuntan no estudo. Para os autores, estariamos ante unha evidencia da cultura acumulativa do ser humano.

Recomendámosvos a nova no Discover Magazine: Why humans stand on giant shoulders, but chimps and monkeys don’t.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*