“As catro estacións”

"As catro estacións"Coincidindo co aniversario do nacemento de Vivaldi, Kalandraka estrea colección de música clásica.

Un 4 de marzo de 1678 nacera Antonio Vivaldi. Aproveitando o aniversario, este domingo 4 de marzo Kalandraka fixo estrea do libro-disco ‘As catro estacións’. O volume inaugura ademais unha nova colección de música clásica para achegarlle o xénero ao público infantil.

A fauna e a flora, a presenza humana e o ciclo da natureza marcan o texto literario elaborado por José Antonio Abad para este volume que quere transportar o lector deica ese paraíso imaxinario que o artista plástico Emilio Urberuaga ilustra con cores vivas e intensas.

Ao álbum engádese un disco coa gravación en 2007 de “As catro estacións” por parte da violinista estadounidense Sarah Chang, co acompañamento da Orpheus Chamber Orchestra, considerada pola revista BBC Music como a súa actuación máis brillante.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*