Convocatoria do Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
O certame está dirixido a mozos no treito de idade de 12 a 22 anos. O prazo de inscrición está aberto desde o 27 de febreiro e deica o próximo 18 de maio. Os vídeos deberán ter unha duración de entre 2 e 20 minutos e teren sido gravados con teléfono móbil ou cámara dixital.
O tema das creacións é completamente libre. Na bitácora do concurso podedes acceder ás bases completas do Non te cortes!. Aló tamén tedes unha filmoteca onde podedes ver os traballos gañadores na edición anterior.
O certame está organizado polo Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.