“Galicia Terra de Abellas”

Galicia, terra de abellasMes da apicultura na biblioteca Ánxel Casal, en Santiago de Compostela.

Unha exposición sobre bibliografía apícola e material divulgativo diverso, un concurso de relato curto baixo o título “Cóntanos unha historia de abellas”, o obradoiro “Abellas na biblioteca”, para descubrir a través de xogos e contos a misión segreda das abellas na natureza e coñecer os misterios do antigo oficio da apicultura…

O programa previsto inclúe ademais:
A charla “Galicia, terra de abellas”, a cargo de Xesús Asorey, Secretario -Técnico da Asociación Galega de Apicultura (AGA). (Mércores, día 7 de marzo, ás 19:00 h) O patrimonio apícola de Galicia, a importancia das abellas na natureza e no medio ambiente e a relación crucial que existe entre abellas e biodiversidade.

A presentación do libro ‘Da flor á mesa: historia dunha pinga de mel’, a cargo do seu autor, Xesús Asorey (Mércores, día14 de marzo, ás 19:00 h) Trátase dunha publicación que explica dunha maneira sinxela e atractiva a obtención do mel, todo o proceso dende que a abella visita a flor ata que chega a nosa mesa o tarro de mel. Terá lugar ese día tamén un obradoiro de elaboración de candeas con cera de abella.

A charla “Os produtos da colmea dentro dunha alimentación saudable”. A cargo de José Fernández, técnico e socio da AGA (Mércores, día 21 de marzo, ás 19:00 h) As abellas e os apicultores ofrécennos unha gran diversidade de produtos. Comezando
polo mais coñecido: o mel, seguindo por outros tan importantes para a saúde como son o pole, a própole ou a xelea real. Terá lugar ademais un obradoiro de degustación de meles de Galicia e outros produtos das abellas.

Máis información na web da Asociación Galega de Apicultura

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*