Comeza o vindeiro 21 de marzo no MACUF (A Coruña) e ten unha duración de seis sesións de traballo.
Profesorado: Pepe Núñez (Bevel Consultores)
Datas: 21, 23 e 28 de marzo | 11, 13 e 18 de abril
Mércores e venres de 19h30 a 21h30
Obxectivos:
Aprender métodos e técnicas para xestionar con eficacia calquera conduta disruptiva nas aulas.
Garantirlle ao grupo un proceso de ensino-aprendizaxe de calidade, sen interrupcións
Aprender a reaccionar diante da disrupción dun modo áxil, equilibrado e seguro
Xerar procedementos de traballo para tratar calquera tipo de situación conflitiva en función da súa gravidade
Contidos:
O perfil docente: variables psicolóxicas que inciden no liderado, a autoridade e a seguridade.
Resposta pedagóxica ante diferentes perfís discentes de base: comunicación non verbal,
técnica da proximidade, “time out”, etc.
Conduta individual vs. conduta desindividual.
Metodoloxía didáctica aplicable ao perfil de partida do grupo: métodos didácticos e estilos
docentes.
Método ÁMBAR de valoración de incidencias.
Método PMLC: como planificar intervencións, tecnificación da asertividade.
Método SI,SI, (Y): como corrixir desvíos da norma.
Estratexias de equipo: mediación, “Equipos T”.
Estratexias de prevención: os contratos de continxencias
Prezo: 135€ (inscrición até o 18 de marzo)
Prazas: 16 persoas