Amores prohibidos 2.0

Amores prohibidos 2.0 O Grupo Chévere pon en marcha un experimento teatral en colaboración co IES A Cachada de Boiro.

Romeo e Xulieta, o clásico de Shakespeare sobre o amor, o odio e a reconciliación. Mais desta volta o relato trasládase á historia e o tempo no que vivimos: Xulieta e Romero estudarán nun instituto dunha vila galega no ano 2012. E o enfrontamento orixinal entre Montescos e Capuletos servirá para achegarse ao conflito lingüístico, xa que logo: grupos enfrontados polo uso da lingua, uns galegofalantes e outros castelánfalantes, serán os protagonistas. Así o explican desde RedeNasa.tv.

A función vaise desenvolver durante 6 días -aproximadamente o tempo narrativo que emprega Shakespeare na obra orixinal para contar a historia- entre o 20 e o 25 do vindeiro mes de abril.

O público pode seguir o relato no sitio específico creado dentro de RedeNasa.TV, : Amores Prohibidos 2.0 e tamén a través doutras redes sociais como Tuenti, Facebook ou Twitter. Cada personaxe terá un perfil en Redenasa e nas redes que máis se lle axeiten, e contará a historia mediante diálogos, fotos ou vídeos que eles mesmos suban. Como apoio existirá a figura dun narrador, Xesp1r, encargado de comentar o que fagan ou digan os personaxes.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*