VII campos de voluntariado ambiental do río Tea

VII campos de voluntariado ambiental do río TeaActividade de Adega: serán o 23, 24 e 25 de marzo e o 25, 26 e 27 de maio.

Desta volta traballarase no seguimento de labores feitos anteriormente, comprobando os resultados, e tamén como é costume na eliminación de flora exótica e invasora. Para a realización destas xornadas o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, ferramenta, guías de campo, etc.) así como un seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos.

O aloxamento como doutras veces será no albergue Alentea, que se encontra ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). O campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas. Está organizado polo Proxecto Ríos: TOda a información na web de Adega: voluntariado ambiental no río Tea.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*