Concurso de fotografía Xurxo Lobato

Concurso de fotografía Xurxo LobatoDeica o 1 de abril está aberto o prazo deste certame para alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP.

Este 8º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato está organizado pola Asociación de Ex-Alumnos do IES Monelos, e diríxese ao alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP.

O tema é libre. As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor. Máximo de tres fotografías por participante. As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico • Data de entrega: antes do 1 de abril de 2012

A caixa de correo electrónico onde se reciben as propostas é fotomonelos@gmail.com cos seguintes datos: nome e apelidos | DNI | idade | teléfono | enderezo | centro de estudo | curso

Lembrar poñerlle un título a cada foto

1º premio: diploma e 300 €
2º premio: diploma e 200 €
3º premio: diploma e 100 €
O xurado considerará a posibilidade de conceder algún accesit, con regalo de lotes de libros de fotografía

Lembrámosvos que deica o 1 de abril de 2012 aínda pode visitarse no Museo do Pobo Galego a exposición de Xurxo Lobato baixo o título ‘No país das vacas’.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*