‘Vilamor’

VilamorÁs portas da estrea oficial, o filme de Ignacio Vilar inicia promoción cun percorrido polo país con atención especial aos centros educativos.

O relato que nos achega ‘Vilamor’ está inspirado nunha historia real, a das comunas que se crearon nos anos 70 en Negueira de Muñiz, na montaña de Lugo, onde moitas desas persoas seguen alí vivindo e axudaron co seu testemuño a escribir esta historia “de amor, liberdade e conexión íntima coa natureza”.

Velaquí extracto da sinopse oficial:
Breixo, un mozo altruísta cheo de boas intencións, atópase cos habitantes dunha comuna aparecida nas inmediacións da súa aldea, ao outro lado do río. Malia a súa cercanía ás forzas vivas da vila, Breixo déixase seducir polo ideal dun estilo de vida alternativo (…) Pero todo se complica cando Breixo se namora perdidamente de Sonia, unha das habitantes da comuna (…) Trinta e tres anos despois, convertido nun escritor de éxito e cos ideais enferruxados nalgún recanto da memoria, Breixo regresa ao lugar onde viviu os mellores anos da súa vida.

Toda a información na web do filme Vilamor

Na Caravana Vilamor podedes consultar todas as datas de estrea.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*