En marcha a edición de primavera do programa ‘Nocturnia’

nocturniaPrograma de lecer para a mocidade na cidade da Coruña.

Achegar a mocidade ás artes escénicas, a súa práctica e experimentación con talleres de banda deseñada, cabaret, mimo ou contacontos, obradoiros de radio, fotografía, curtametraxe, inglés, portuguñes… están entre as propostas do programa de lecer Nocturnia. Desta volta ademais vaise organizar:
Nocturnia móvese: Como experiencia piloto créase Viaxeiros a Portugal, unha experiencia en terras lusas realizada polos participantes do taller formativo “Portugués para viaxeiros” no que terán que elaborar e deseñar un itinerario (lingua, cultura, costumes…) baixo a atenta mirada dun experto.
Nocturnia conta: Como novidade e como primeira experiencia, tras a conclusión do taller de contacontos, realizarase a intervención dos novos talentos nunha sesión de animación hospitalaria para a infancia baseada en todo o traballado no taller.
Nocturnia expón: O final do programa dará lugar a unha mostra expositiva. A través de ilustracións, cómics, fotografías ou curtametraxes deixarase constancia da actividade creativa e innovadora dos case 1.500 participantes cos que se espera contar nesta nova edición do programa.

Serán un total de case sesenta actividades físico-deportivas; artístico-creativas e lúdicas e formativas. O programa, promovido pola concellería de Educación, Deportes e Mocidade do Concello da Coruña, arrincou a mediados do pasado mes de marzo e oferta arredor de 1.500 prazas.

Así, esta edición ofrecerá talleres de radio e prensa deportiva, fotografía exprés, curtametraxes, English for travelers ou portugués para viaxeiros”, afirmou o concelleiro.

As actividades, deica o próximo mes de xuño, repártense por toda a cidade: dende Monte Alto a Catro Camiños, pasando polo Ventorrillo, Os Rosais, o Barrio das Flores, Os Castros ou Riazor.

Máis información na web de información xuvenil do Concello da Coruña

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*