XII edición do certame de relato oral organizado pola AS-PG.
1ª As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou de creación propia.
2ª As historias contaranse en galego.
3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagoxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista…)
4ª Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, pero sempre respetando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.
5ª O concurso vai destina a tres niveis académicos.
1) Primaria
2) 1º Ciclo de ESO
3) 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.
A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 17 de abril enviando un e-mail a: informacion@as-pg.com, no prazo de tres días recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.
A información completa sobre o concurso ‘Tíralle da Lingua’ na web da AS-PG