“Crea interior”: miradas cara adentro

"Crea interior": miradas cara adentroEvento para a promoción da creatividade e o emprendemento entre a mocidade dos concellos do interior. En Vila de Cruces, este 14 de abril.

Esta iniciativa enmárcanse no proxecto transfronteirizo Emprende e conta coa colaboración de diferentes entidades tanto galegas como portuguesas. As actividades da mañá terán lugar no auditorio da parroquia de Merza, e as da tarde na área recreativa da Carixa.

Durante a mañá, participarán, entre outros, o alcalde de Vila de Cruces e Xosé Neira Vilas, o autor do libro “Memorias dun neno labrego”, que rexistrou na súa obra unha importante presenza da xuventude rural. Haberá tamén unha mesa redonda sobre como emprender nos concellos de interior. Nela participarán Eva González –titular da súa propia explotación gandeira-; Elena Ferro –moza artesá e zoqueira, que integra unha variante moderna e innovadora; María Hermida –directora de Finca de Mouriscade, un centro innovador no eido agrario-; e José Ramón Moire –un mozo emprendedor no eido do sector téxtil-.

Máis tarde, o técnico cooperativo Daniel Vega exporá a fórmula do asociacionismo agrario como modo de emprendemento e, por outra banda, o profesor na facultade de empresariais e turismo de Ourense e na UNED, José Antonio Rodríguez, abordará o potencial turístico dos concellos do interior como elemento impulsor da súa economía. Ademais, o cociñeiro e chef executivo do Hotel Palacio de Sober, Marco Varela, levará a cabo un taller de cociña creativa. Xa pola tarde, Javier Blanco –xerente do Bantegal-; Ramón García Sueiro –deportista de alto nivel e emprendedor no sector do ocio-; e José Luis Lamas –emprendedor e enxeñeiro agrónomo- tratarán a participación xuvenil como ferramenta de futuro.

Máis información sobre “Crea interior”: miradas cara adentro (.pdf)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*