XIII Festival Internacional de Títeres de Redondela

XIII Festival Internacional de Títeres de RedondelaArtistas, músicos e titiriteiros de variadas procedencias enchen a vila entre o 14 e o 20 de maio.

A organización do evento, compartida pola Asociación Xente Titiriteira e a concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do Festival, presentando, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais do Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca, Murcia, Cantabria, Madrid Cataluña e Galicia (entre outras).

Na pasada edición de 2011 superáronse os 30 mil espectadores nas diferentes seccións da programación, polo que as previsións para este ano xa se poñen arredor de 35 mil asistentes.

Máis información na web oficial do Festival de Títeres de Redondela

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*