Do 4 ao 30 de abril de 2012 o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA) acolle na súa sala de exposicións a mostra “Historias a través del agua”, unha exposición producida por UNICEF que pretende dar a coñecer diferentes historias en distintos lugares do mundo cun denominador común, a escaseza da auga e a súa problemática.
Pode visitarse no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), de luns a venres, de 10-14 h. e de 16-19 h., e sábados de 11-14 h. A entrada é de balde.
Máis información na web do CEIDA: Historias a través da auga