Os relatorios inaugurais trouxeron a primeiro plano o modelo de Formación Profesional en Alemaña.
Carsten Moser e Dorlies Susanne Radike-Thiel, presidente da Cámara de Comercio de Alemaña para España e a encargada de Educación, Xuventude e Cidadanía no goberno de Berlín respectivamente, foron os encargados das conferencias inaugurais da xornada de apertura a semana pasada na Mostra do Ensino 2012.
Durante a súa intervención Moser destacou que a “receita” para a saída da crise “apoiase no fomento dos emprendedores, a internacionalización e a fabricación de produtos de valor engadido”. O presidente da Cámara de Comercio, que falou das competencias profesionais que demanda o sistema produtivo, resaltou a importancia de apostar pola “competitividade profesional” e a “calidade do capital humano”, algo para o que
“resulta fundamental a educación”.
Pola súa banda Radike-Thiel foi a encargada de desenvolver nunha conferencia A formación dual en Alemaña, na que destacou en primeiro lugar a gran colaboración que existe en Alemaña entre o sector público e privado. Alí hai 360 especialidades de FP na que colaboran 484.000 empresas e acolle a 1,6 millóns de aprendices, e así a eficacia e eficiencia do sistema é controlado tanto polas autoridades federais e das Rexións (Lander) como polas empresas.
No seu relatorio destacou que especialidades de FP establécense segundo o propio mercado laboral, o que significa que a empresas teñen en todo momento man de obra cualificada e nova ao mesmo tempo. As vantaxes para os cidadáns son que aseguran futuro traballo en mercados relevantes e posúen un soldo ao tempo que aprenden una especialidade concreta.
Fonte: Xunta de Galicia