Charlas de ciencias

Charlas de cienciasCiclo de encontros promovido pola Fundación Barrié entre investigadores galegos, estudantes e profesorado de Secundaria e Bacharelato.

O ciclo ten unha orientación didáctica que quere complementar o currículo escolar, achegando as ciencias ao cotiá. As xuntanzas, moderadas por xornalistas, inclúen a presentación dun tema por parte dos investigadores e a apertura do diálogo e a participación dos asistentes.

Alén das charlas de ciencias que teñen lugar nas sedes da Coruña e Vigo da Fundación Barrié, a institución ten tamén abertos durante os meses de abril a xuño os eventos “Espectáculos de Ciencia”, organizados en colaboración coa Tecnópole de Ourense, e que visitarán tamén as cidades de Santiago, Ferrol, Ourense e Lugo; o evento “Ciencia ou cine?”, que explora os vencellos entre a ciencia e a ficción coa fin de espertar a curiosidade de rapazas e rapaces, e os “Obradoiros científicos”, para achegar a ciencia a estudantado de Primaria dun xeito atractivo e experimental.

Máis información e programa do ciclo Charlas de Ciencias.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*