Lingua de namorar

Lingua de namorarConcurso de declaracións de amor en galego vía internet.

Ata o 17 de maio, os mozos e mozas que queiran participar poderán inscribirse e colgar as súas declaracións, de menos de 350 caracteres, na web da Xunta www.xunta.es/linguagalega/linguadenamoraronde se poden consultar as bases do concurso.

Todas as declaracións serán visibles nese mesmo web, onde figurarán de forma anónima, para que, a partir do Día das Letras Galegas e Día de Internet, as persoas que o desexen poidan votar polas que máis lles gusten.

As bases establecen dúas categorías: unha para mozos de 14 a 19 anos e outra para mozos de 20 a 35, e tres premios por categoría consistentes en produtos tecnolóxicos coma un iPad, unha wii ou un libro electrónico, entre outros.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*