Semana da Danza

Semana da DanzaEn Lugo, do 23 ao 27 de abril.

PROGRAMA:
Luns 23 de abril: Homenaxe a Pina Bausch
Actuación do alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
18h30, no Centro Comercial As Termas
Proxección do filme “Pina” en 3D, dirixido por Wim Wenders
19h45, nos cines As Termas

Martes 24 de abril: Concurso coreográfico
Presentación dos traballos coreográficos sobre Pina Bausch do alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
19h, no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Mércores 25 de abril: Encontro de Centros de Danza de Galicia
Acto colectivo de conmemoración do Día Internacional da Danza 2012, coa participación de diversos centros de ensinanza de danza: Asociación Cultura Mundo Danza de Ferrol, Ballet Studio de Santiago de Compostela, Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña, Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, Compañía de Danza da USC-Lugo, Escola de Danza Contemporánea de Narón, Escola de Danza Deborah de Vigo, Escola de Danza Druída de A Coruña, Escola Municipal de Danza de Oleiros, Escola Municipal de Danza de Ponteceso e Danza Susana Castro de Vigo.
19h, no Auditorio Gustavo Freire

Xoves 26 de abril: Actuación do Centro Coreográfico Galego
Mostra do traballo “Aínda”, última produción do Centro Coreográfico Galego
20h30, no Auditorio Gustavo Freire

Venres 27 de abril: Estrea de “Opening”
“Opening” é unha viaxe ao mundo interior da muller a través da natureza e do son, presentado nun traballo multidisciplinar de música, danza, poesía e imaxe polas alumnas de Grao Profesional da especialidade Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo xunto co percusionista Diego Ventoso.
20h30, no Auditorio Gustavo Freire

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*