“Valentín Paz Andrade e o xornal Galicia, edición especial”. Día das Letras Galegas 2012

"Valentín Paz Andrade e o xornal Galicia, edición especial". Día das Letras Galegas 2012 Webquest dirixida aos alumnos de 3º e 4º da ESO da materia de Lingua e Literatura Galegas, mais pode aplicarse facilmente para 1º e 2º de Bacharelato.

A Fundación Barrié a través da súa canle educativa educaBarrié pon a disposición dos estudantes esta webquest dedicada ao home de letras, avogado e empresario pontevedrés Valentín Paz Andrade. A actividade está baseada no papel que Valentín Paz Andrade xogou como dinamizador da cultura galega e impulsor do coñecido xornal Galicia.

Entre os obxectivos xerais da iniciativa están a mellora da competencia comunicativa, potenciar o desenvolvemento da expresión oral e escrita, que son elementos imprescindibles de comunicación (ler e escribir, falar con corrección e fluidez) e formar receptores críticos e reflexivos.

Tamén como obxectivos específicos se sinalan a oportunidade de coñecer un medio de comunicación como é o xornal e o seu funcionamento, de utilizar os medios de comunicación, neste caso o xornal, mediante actividades creativas coa aplicación das TIC ou desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos e sensibilizar nos distintos valores da comunicación (sociais, formativos, estéticos ou literarios).

Guía didáctica completa descargable: “Valentín Paz Andrade e o xornal Galicia, edición especial”. Día das Letras Galegas 2012 (.pdf)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*