Álbum da Ciencia

Álbum da CienciaFornecido polo Consello da Cultura Galega, un amplo equipo de especialistas elabora este proxecto: un auténtico I+D histórico do país.

E na semana en que se celebrou o ‘Día do Científico Galego’ aproveitamos para subliñar a existencia deste extraordinario recurso na web do Consello da Cultura: o Álbum da Ciencia, unha ampla e documentada base de datos que fai un percorrido pola historia da ciencia en Galicia. Un auténtico quen é quen no eido da investigación galega en todo tipo de campos ao longo das décadas.

A iniciativa parte do Diccionario histórico de científicos galegos, labor do Grupo de Traballo de Historia das Ciencias desde o momento da súa constitución, en 1987, como área do Seminario de Estudos Galegos e que abrangueu a científicos e pensadores diversos. O Album da Ciencia supuxo unha nova etapa que atenderá en exclusiva ao ámbito científico e ampliará substancialmente o tramo temporal analizado. O principal criterio para a selección de autores é a relevancia da obra no momento histórico que viviron e o seu vínculo con Galicia.

Frei Martín Sarmiento, un auténtico ilustrado que se adiantou ao seu tempo; Vicente Guarnerio, eminente cirurxián, pioneiro na aplicación dos anestésicos; Antonio Casares Gil, o botánico galego máis relevante; Ramón María Aller, iniciador da investigación astronómica en Galicia; Gabriel Fernández Taboada, introdutor da química en Galicia, etc

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*