XII Rebumbio Matemático

Na Coruña o venres 27 de abril, primeira fase desta proba na que participan colexios de toda Galicia. A final realizarase o 25 de maio.

O vindeiro venres 27 de abril, entre as 11.00 e as 13.00 horas, ten lugar a duodécima edición do ‘Rebumbio Matemático’. Participarán os 186 escolares de toda Galicia que foron seleccionados nas diferentes probas locais.

A iniciativa, organizada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (Agapema) desta volta en colaboración co Concello da Coruña, constará de seis actividades diferentes e durará un máximo de dúas horas. Os alumnos terán que estar no Fórum 30 minutos antes do inicio desta fase do XII Rebumbio Matemático e presentar o DNI. No caso de que non o teñan, os estudantes poden acreditarse cun carné do centro no que estudan, cunha fotocopia da súa páxina no Libro de Familia con foto selada polo colexio, ou a través dun certificado do centro coa foto do alumno selada.

Os nomes dos equipos finalistas comunicaranse antes do 6 de maio e, a continuación, o día 8, serán publicados na web da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática.

O Fórum Metropolitano tamén acollerá a gran final o próximo 25 de maio.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*